En Cartel > Las verdades duelen
[nggallery id="17"]Dossier Las verdades duelen en PDF: Galego | Castelán
Nun momento determinado podemos concibir como verdade a imaxe que outra persoa nos transmite sobre nós mesmos. Unha verdade que chega nun momento determinado e choca coa imaxe que nós mesmos pensamos que estamos proxectando ao mundo. Ese é o momento no que comeza a dor. Sen embargo unha verdade non deixa de ser un punto de vista. Cada persoa ten a súa propia verdade dunha única cousa. En Las verdades duelen queremos falar da percepción que temos de nós mesmos en confrontación coa percepción que ten cada unha das persoas que nos rodea. Cando se fan evidentes os múltiples puntos de vista dunha verdade, esta pode deixar de doer para incluso converterse en mentira. E de aí á risa só hai un paso.
Creación e dirección
Teresa de la Hera e Manu Lago
Intérpretes
Cristina Balboa, Diego Freire, Manu Lago e Fran Riveiro
Videocreación
Teresa de la Hera
Espazo escénico, imaxes e deseño gráfico
Manu Lago
Iluminación
David Castro
Espazo sonoro e Música orixinal
Ángel Comesaña
Ilustradores
Javier García e Fran Riveiro