• Inicio
  • d2
  • En cartel
  • Axenda
  • Espectáculos
  • Contacto
  • Prensa
  • Enlaces
  • Comunidade
  • The Flash Player and a browser with Javascript support are needed..

    Dossier da Compañía D2 en PDF: Castellano

    En 2009 a compañia está integrada por: Teresa da Hera, Diego Freire,Manu Lago, Fran Riveiro, Cristina Balboa e David Castro.

    D2 é unha compañía galega de artes escénicas contemporáneas que nace no 2005 como compañía asociada ao Teatro Galán despois de que Diego Freire e Manu Lago participaran no proxecto Malalúa Teatro.
    O seu debut no teatro de sala tivo lugar no 2006 no Teatro Ensalle (Vigo) co espectáculo: Figurantes, un traballo creado por Diego Freire, Manu Lago, Teresa da Hera e Afonso Castro, e dirixido por este último.
    Flores Migratorias, 2007, dirixido por Teresa de la Hera, foi a súa segunda produción, moi ben acollida pola crítica galega.
    Actualmente a compañía está en proceso de distribución do seu primeiro espectáculo de danza, Cos pés na terra (e só cos pés) [versión infantil], 2008, dirixido por Manu Lago e do epectáculo de teatro Las Verdades Duelen, 2009,
    codirixido por Teresa de la Hera e Manu Lago.

    As funcións máis importantes realizadas pola compañía son:
    -I Festival Internacional de Teatro de Investigación, Cidade Real, 2006
    -I Festival Internacional Sala Fierabrás, Alcázar de San Juan, 2006
    -XXII Mostra de Teatro Novo de Irún, 2006
    -14 Feira dás Artes Escénicas de Galicia Compostela, 2006
    -II Festival Internacional de Teatro de Investigación, Cidade Real, 2007
    -II Festival Integrarche, Caldelas de Tui Pontevedra, 2007
    -I Festival Galiza Em Tránsito, Porto Portugal, 2008
    -AcciónST, Salón Teatro, Compostela 2008.
    -6º Festival Encontros, Teatro Vitoria, Tenerife, 2008
    -11 Feira de Teatro de Castilla e León, Cidade Rodrigo, agosto 2008.
    -Muestra de Teatro de Cee, A Coruña, 2008.
    -XII Certamen Coreográfico de Madrid, 2008.
    -Muestra de Teatro de las Autonomías, Círculo de Bellas Artes, Madrid, 2009.
    -XII Ciclo de Teatro Joven de Burgos, Teatro Clunia, 2009.
    -FestivALT, Vigo, 2009.
    -II Festival Galiza em Transito, Braga, Portugal, 2009.

    Os membros que conforman a compañía non superan os 29 anos de idade.
    Todos apostamos por un traballo de creación e fusión de disciplinas, a nosa
    meta é facer chegar a mensaxe que queiramos comunicar independentemente da
    linguaxe empregada. Para iso valémonos da formación en múltiples campos de todos
    os integrantes da compañía. Entre nós hai actores, bailaríns, partenaires de magos,
    fotógrafos, videocreadores ,iluminadores, deseñadores de interiores…. Cremos que un teatro é un
    lugar do que o espectador debe sair cargado de emocións. O fundamento do noso traballo é o
    de trasladar a cotidianidade do día a día das persoas de nosa xeración ao escenario. Traballamos
    a partir das nosas propias experiencias, experiencias que xa vivimos e das que nos podemos rir.
    É por iso que D2, desde a súa creación, aposta por levar a escea o cotián, o natural, sacándolle o máximo partido co seu humor. Como espectadores botamos de menos espectáculos nos que nos sintamos identificados.
    A nosa xeración, a xeración dos comenzos (e a fin) da tele educativa, a xeración da nocilla e petit-suisse, a música dos oitenta, a educación experimental, o mileurismo inalcanzable…é unha xeneración perdida. Cremos que é absolutamente necesario enganchar ás artes escénicas ás xeracións posteriores a nosa, e que,si ésta pertence a unha “ruptura”, non é máis que porque os argumentos que se levaron a escea non nos pertencen. As emocións que se xeneran no público ante un espectáculo son o espectáculo en si mesmo, son a súa base. Esa é a nosa aposta.

    Dirección Artística
    Teresa de la Hera, Diego Freire e Manu Lago
    Produción e Distribución
    Diego Freire e Manu Lago
    Xestión
    Diego Freire
    Prensa e Deseño Gráfico
    Manu Lago
    Produción Vídeo e Web
    Teresa de la Hera
    Direccion Técnica
    David Castro

    © Todos los derechos reservados: Compañía d2 Desarrollo web: Teresa de la Hera
    Designed by AskGraphics.com Made Free by: SOURCE-Promo.com - Corporate Gifts
    pagepeel by webpicasso.de